sábado, 15 de junio de 2013

O goberno local adxudica 1,3 millóns a 57 entidades para apoiar a contratación de 300 persoas


O alcalde anunciou este a adxudicación por concurso público de 1.325.000 euros do Plan de Emprego do Concello deste ano, que permitirá que 57 entidades beneficiarias poidan contratar entre 250 e 300 persoas. O total de postos de traballo creados co Plan de Emprego municipal podería rondar os 600.



Abel Caballero informou hoxe venres da resolución do concurso público para adxudicar 1.325.000 euros a entidades da cidade para axudar á creación de emprego.


O procedemento de concesión das subvencións, tal e como informou o primeiro edil, estaba dividido en cinco bloques, dependendo do tipo de entidades: veciñais e culturais, sociais e asistenciais, empresarias, sindicais e comunidades de montes. En total, 57 colectivos vanse beneficiar das achegas municipais para a contratación de entre 250 e 300 persoas.

A concurrencia competitiva é unha parte do Plan de Emprego do Concello de Vigo para este ano. Caballero explicou que, sumando os postos de traballo a crear no programa Vigo Emprega e cos convenios de colaboración, a cifra de contratación podería acadar as 600 persoas.

No hay comentarios: